Bandas, gaitas, funcionarios, deputacións, dominación global

April 12, 2007 by parvodecela

Banda de GaitasOs visitantes habituais do Galpon coñecen a un temido grupo de poder ourensán na sombra, o Cefou. Outra organización máis perigosa tamén emerxe da terra dos funcionarios e do licor café. Máis visible que a súa paisana a Real Banda de Gaitas da Deputación Ourense sempre se moveu coma un poder paralelo e omnipresente en calquera acto festivo do Ántigo Réxime Boinil. Desde a chegada da esquizofrenia a San Caetano as aparicións deste sinistro e sincrético grupo de músicos tornáronse máis esporádicas. Por que?

Temos indicios de que esta sinistra banda podería estar a entrenarse en Faluya e Basora en tácticas de guerra de guerrillas con expertos do partido Baaz e terroristas de Al Qaeda. O seu campo de entrenamento no sur do orixe da civilización, coñecido como A Manchica, acolle a centos de violentos fanáticos da gaita cun obxectivo claro: reafirmar o poder divino e eterno das Deputacións.

O malvado plan levaría a constituír unha banda de gaitas en cada concello a través de fortes subvencións dos organismos provinciais correspondentes (para que outra cousa pode valer o diñeiro duna deputación). Estes pequenos exércitos ergueranse na noite e asasinarán con crueldade a todos os nenos do país (tampouco son moitos) se algún día os seus reinos feudais son ameazados polo Bispartito. A Deputación convertirase no que é de facto, unha institución eterna que xorde coma resposta ao espírito conservador e despilfarrador da administración galega e que reflicte como ningunha outra o localismo e tribalismo. As formacións paramilitares garantiría que a República das Catro Provincias volvera ás terras de Breogán.

Hello world!

January 14, 2007 by parvodecela

Welcome to WordPress.com. This is your first post. Edit or delete it and start blogging!